O Concello do Incio convoca o concurso infantil ‘Debuxa o teu Nadal’

Venres, 13 de decembro de 2019.- O Concello do Incio vén de convocar o concurso infantil ‘Debuxa o teu Nadal’.

Haberá dúas categorías. Poden participar os nenos e nenas de 3 a 6 anos (categoría A) e os de 7 a 12 anos (categoría B).

Pídeselles que fagan un debuxo relacionado  co Nadal (tamaño A5) e que o entreguen no Concello xunto cun sobre no que figuren os seus datos: nome e apelido, idade, teléfono e enderezo postal.

Os traballos poderán entregarse ata o 2 de xaneiro.

Todos os debuxos que participen no concurso serán expostos no salón multiusos do Concello do Incio. O día de Reis todos os asistentes terán a oportunidade de votar un debuxo por categoría.

Premiarase o debuxo máis votado en cada unha das categorías e haberá un obsequio para todos e todas os participantes.

 

debuxa-o-teu-nadal-O-INCIO