Modificación da ordenanza fiscal da auga

O Concello do Incio vén de aprobar a modificación da ordenanza fiscal por tasa de subministro da auga: O impago de dous trimestres consecutivos ou non consecutivos dará lugar o corte do subministro de auga, sempre previa audiencia do interesado, por prazo de 15 días hábiles. Poderá recuperarse o servizo unha vez se abonen os importes pendentes de pago.