En abril ponte as pilas

Trátase dun programa dirixido a tódolos veciños/as do municipio co que pretendemos concienciar da necesidade de facer exercicio para ter unha vida máis saudable. As actividades deportivas consistirán en ximnasia de mantemento, aerobic, zumba. Etc

Este programa levarase a cabo no mes de abril no multiusos do Incio e nos locais sociais da Cervela e Vilademouros. As clases serán de 1 hora de duración.

É unha actividade gratuita. A segunda semán de abril comenzaremos coas reunións nos tres lugares de cara a establecer os horarios e os grupos.

Para inscribirse hai que chamar ó teléfono do Concello 982427014.